Categorías
Da FPG
Medios
Movementos sociais
Sindical
Tag Archives: recortes
Boletín informativo sobre a reforma laboral
A FPG vimos de editar un novo boletín informativo conxuntamente co Colectivo Nacionalista de Marín, a Fronte Obreira Galega e o Partido Comunista do Povo Galego.
Neste novo boletín ademais de facer un chamamento a participar na folga xeral nacional que está convocada para o vindeiro 29 de marzo, dase conta da nova reforma laboral aprobada polo PP, cuxas mudanzas nos levan aos traballadores e traballadoras cara unha situación de escravismo. Tamén se dá conta da Lei de Medidas Temporais en Determinadas Materias do Emprego Público aprobada pola Xunta do PP e que recortan os dereitos dos traballadores e traballadoras públicas.
Palestra en Marín sobre os recortes na sanidade e os servizos sociais
O vindeiro xoves, quinta feira 2 de febreiro, o Colectivo Nacionalista de Marín e a Frente Popular Galega de Pontevedra organizamos unha palestra sobre a actual ofensiva de recortes na sanidade e os servizos sociais.
Perante o brutal ataque da oligarquía española contra as conquistas da clase traballadora desde as nosas respectivas organizacións cremos que é o momento de sumar forzas para a mobilización. A loita segue sendo o único camiño tamén nas terras de Pontevedra, o Salnés e Caldas onde os efectos desta mal chamada “crise” están golpeando ás traballadoras e traballadores con especial virulencia e onde nas nosas vilas e parroquias as organizacións políticas da esquerda semellan máis ben avestruces acañadas cando non son cómplices da dereita e das súas políticas de exterminio.


