Máis un ano en Pontevedra dicimos NON ás touradas

A Frente Popular Galega apoia novamente a mobilización que o sábado 10 de agosto ás 20h partirá desde a Praza da Peregrina cos lemas TOURADAS FORA DE PONTEVEDRA!, A TORTURA NEN ARTE NEN CULTURA, e chamamos a todos os homes e mulleres “boas e xenerosas” da nosa comarca para apoiaren esta importante iniciativa contra a tortura e o maltrato animal e por unhas festas populares e galegas.

Pontevedra libre de touradas!

Esta batalla ímola gañar!

03/08/2013
Publicado en Comarcal, Comunicados | Comentarios desactivados en Máis un ano en Pontevedra dicimos NON ás touradas

Pontevedra libre de touradas

Un ano máis a cidade de Pontevedra volve ser escenario na nosa comarca para a celebración desa españolada do horror e o sangue que son as touradas. Un ano máis, pois, Pontevedra volverá ser escenario de mobilizacións a prol da vida e da liberdade exixindo o cesamento inmediato destas actividades que aliás son totalmente alleas non só á cultura e tradicións da nosa comarca, mais tamén ás de toda a nación galega.

Denunciamos á Deputación provincial como auténtico foco de financiamento con cartos públicos destas actividades amosando, unha vez máis, o seu carácter reaccionario afastada dos auténticos intereses populares, polo que desde a FPG de Pontevedra volvemos exixir a completa desaparición desta institución antidemocrática e antigalega, auténtico niño de caciques, como ben sabe o seu presidente Rafael Louzán. Asemade non entendemos a actitude pusilánime dun Concello que debería, nun acto de dignidade, declarar de xeito inmediato Pontevedra como cidade abolicionista das touradas seguindo o ronsel que no seu día iniciou a vila de Cangas do Morrazo.

Sigue lendo

Publicado en Comarcal, Comunicados | Etiquetado , , , , , , | 1 Comentario

O Tratado de Maastricht ou o punto de non retorno

En 1992 asinábase na localidade holandesa de Maastricht o Tratado da Unión Europea (en siglas, TUE). Se ben este tratado representaba por unha banda a continuación do camiño iniciado de unidade europea ao servizo da grande burguesía franco-xermana, completando e modificando o Tratado de París de 1951 que creou a CECA, aos Tratados de Roma de 1957 que instituiron a CEE e a EURATOM e ao Acto Único Europeo de 1986, tamén representou o punto de non retorno desde o cal o neoliberalismo sería a única opción realmente existente nese proceso de construción europea. En consecuencia, non foi este un tratado calquera senón que foi a expresión definitiva do control que sobre a Unión Europea exercía o gran capital financeiro. Na versión oficial o TUE constituíu a “pedra angular do proceso de integración europea” e en palabras do profesor Jorge Cancio “a sinatura do Tratado da Unión Europea en 1992 supón a ratificación da liña neoliberal emprendida poucos anos antes e a ruptura definitiva coas opcións “socializantes””.

Sigue lendo

Publicado en Documentos | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en O Tratado de Maastricht ou o punto de non retorno

O 29M tod@s á folga xeral

Todo está xa preparado para este xoves responder de xeito masivo ás políticas neoliberais, antipopulares e antigalegas que a dereita está a impor con man de ferro e dun xeito progresivamente acelerado tanto desde o goberno do Estado como do goberno apéndice da Xunta.

Aínda así nesta recta final cómpre non baixar a garda e facer un último esforzo para garantir o suceso da folga tanto colectivamente, desde as distintas estruturas nas que esteamos organizadas, como a nivel individual, facendo pedagoxía con todos e todas as compañeiras de traballo, coas amizades e cos familiares de cada un/ha de nós para que o xoves apoien a folga e ademais participen nos piquetes e nas mobilizacións convocadas polas centrais sindicais. A fotografía dese día ten que ser a do paro total.

Sigue lendo

Publicado en Novas | Etiquetado | Comentarios desactivados en O 29M tod@s á folga xeral

Boletín informativo sobre a reforma laboral

Non á reforma laboral!A FPG vimos de editar un novo boletín informativo conxuntamente co Colectivo Nacionalista de Marín, a Fronte Obreira Galega e o Partido Comunista do Povo Galego.

Neste novo boletín ademais de facer un chamamento a participar na folga xeral nacional que está convocada para o vindeiro 29 de marzo, dase conta da nova reforma laboral aprobada polo PP, cuxas mudanzas nos levan aos traballadores e traballadoras cara unha situación de escravismo. Tamén se dá conta da Lei de Medidas Temporais en Determinadas Materias do Emprego Público aprobada pola Xunta do PP e que recortan os dereitos dos traballadores e traballadoras públicas.

Sigue lendo

Publicado en Documentos | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Boletín informativo sobre a reforma laboral